Olá, agora vamos a contarvos como empezou todo.
Todo empezou cunha trasnada.Era o cumple de Alex, e decidimos sair pola noite a buscar animais. Era o 27 de outubro e con tan mala sorte que xusto esa noite cambiaba a hora.
Tinhamos pensado sair as 5. Saimos as 4. Non atopamos as chaves e deixamos a porta toda a noite aberta. Saimos so cunha linterna e un movil. Era unha noite de lua chea destas arrepiantes.
Fumos pola estrada os tres xuntos ata o rio. Nesta boa noite facía un calor extranho pero agradable.
Sentiamonos felices. Seguimos polo bosque, atopando desde ratos hasta un raposo que tivemos que escorrentar cun pau.
Atopamos o rio, e por desgracia o caudal estaba demasiado ancho polas chuvias dos dias anteriores.
Traballamos arduamente durante máis de media hora case a cegas so ca luz da linterna e a da lua chea que gozabamos aquela noite facendo unha ponte de paus.
Cruzamos con moitas dificultades.
No outro lado do rio estaba todo cheo de maleza e espinhas que nos foi difícil atravesar e entón atopamos o impensable.
De repente polo agotados e doloridos que estivesemos, polos ruidos entre a maleza que escoitabamos non podiamos apartar a nosa vista daquelo. Quedamos sen fala durante uns minutos ata que Manuel exclamou:
"Un muro de silvas!?"
Era o primeiro dos muinhos que atopamos, e comprendimos que atopáramos un mundo esquecido ata polos vellos do lugar...
Intentamos volver e nesto apagase a luz da linterna.
Paramos a descansar nun tronco cortado que nos serviu de asento.
Volvimos case a cegas, so ca luz do movil, chegamos as 8 da manha a casa de Alex agotados por esta gran aventura.
1 comentario:
Este blog, fai tempo que está parado. Empezou moi ben, pero conviña movelo un pouco, xa que é unha pena porque está moi ben feito.
Publicar un comentario